Abre as súas portas a Feira da Construción no IFEVI
O alcalde, Abel aballero e a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, inauguraron esta mañá a Feira da Construcion de Galicia que permanecerá aberta no IFEVI ata o 29 de xuño e na que participan máis de 400 empresas.
O certame reunirá ata o domingo a máis de 400 empresas de oito países e 200 expositores, que representan a máis de 1.000 firmas nacionais e internacionais, nunha superficie de 26.000 metros cadrados.
Paralelamente ao salón, celebraranse unhas xornadas técnicas dirixidas a profesionais nas que intervirán destacados persoeiros tanto do sector empresarial como das institucións públicas e privadas que teñen competencias en diferentes ámbitos do sector da construcción.
A feira está promovida por Aproin e co-organizada polas empresas Planner&Proceltha e Muéstralo, e conta co patrocinio de APEC , Caixanova e Aqualia.
Descargar todas as imaxes