Escoitar

O alcalde reunirase co comité de empresa do Concello cada seis meses

Abel Caballero e representantes do Comité de Empresa do Concello de Vigo mantiveron este martes un encontro no que se trataron distintos temas, como a seguridade do edificio municipal ou a situación dos funcionarios. O alcalde mostrouse "extraordinariamente satisfeito" da reunión cun Comité "moi dialogante e cooperador" e adiantou que as xuntanzas se repetirán cada seis meses.

martes, 8 xul 2008
1215521546comite.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e representantes do Comité de Empresa do Concello acordaron este martes reunirse cada seis meses para tratar os asuntos máis relevantes dos traballadores municipais.

Abel Caballero cualificou de "extraordinario" o encontro, cun "entendemento e acordo total" nos temas presentados. Definiu ao Comité como "moi dialogante e cooperador" e confiou en que deste xeito se resolverán os asuntos que competen aos traballadores municipais.

O alcalde mostrou a "vontade de manter unha magnífica relación cos traballadores do Concello", e subliñou, dentro dos temas abordados, as condicións "deficientes" nas que operan os funcionarios. Así, o rexedor transmitiu a súa "prioridade" pola reforma das zonas de traballo e comprometeu que non se arranxará ningún despacho dalgún concelleiro sen que tamén se reforme o lugar de traballo dos seus funcionarios.
Descargar todas as imaxes