Escoitar

A Asociación de Doantes e o Concello salientan a solidariedade da cidade

Cada día, 6 vigueses fanse doantes de órganos e xa se contan en Vigo con entre 12.000 e 15.000 propietarios do carné de doante. O alcalde, Abel Caballero, o Presidente de ADROVI, Celso García, e o coordinador de transplantes do CHUVI, o Doutor González agradeceron aos vigueses a súa xenerosidade por mor do Día Internacional do Doante que se celebrá mañá mércores.

martes, 3 xuñ 2008
1212498142donantes_1peq.JPG
Mañá mércores, 4 de xuño, se celebra o Día Internacional do Doante, e o Concello de Vigo e a Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo, ADROVI, quixeron agradecer este martes a solidariedade e xenerosidade dos vigueses.

Cada día, seis vigueses se fan co carné que os acredita como doantes de órganos, segundo apuntou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acadando na actualidade unha cifra de afiliados en Vigo que ronda entre as 12.000 e as 15.000 persoas. O rexedor, que compareceu xunto co Presidente de ADROVI, Celso García, e o coordinador de transplantes do CHUVI, o Doutor González, alentou a que "todos nos fagamos doantes de órganos", recoñeceu o traballo de ADROVI e subliñou a "extraordinaria labor" do Doutor González.

Mañá mércores, por mor do Día Internacional do Doante, a Asociación de Doantes e Receptores de Órganos instalará dúas mesas de información fronte ao Corte Inglés e na Praza de Abastos do Calvario, tal e como informou o seu Presidente. Celso García explicou que a repunta nas doazóns en Vigo neste 2008 se debe ás "campañas de sensibilización" realizadas desde o pasado outubro nos colexios, nos Centros de Saúde e nos Centros de Enferemería.

O Doutor González, pola súa banda, agradeceu a "colaboración" da Alcaldía na "divulgación" da transcendencia da doazón de órganos, e salientou que en Galicia existen unhas 400 persoas á espera dun transplante de ril. En Vigo, esta cifra ronda os 75 pendentes dun ril, aínda que tamén se precisan outros órganos como fígados, corazóns ou pulmóns. O Coordinador de Transplantes do CHUVI fixo asemade un chamamento á cidadanía para de cara á doazón de sangue, tecido "tan importante coma os órganos" destacou o Doutor.
Descargar todas as imaxes