Escoitar

Abel Caballero e Xulio Calviño presentan o novo vehículo dos Bombeiros

O alcalde de Vigo e o concelleiro de Transporte e Mobilidade presentaron un novo vehículo para a loita contra o lume, especialmente preparado para actuar nos montes, cun coste de 219.000 euros. A nova dotación contempla unha bomba forestal pesada para a protección do propio vehículo e o brazo articulado de rescate en altura.

martes, 3 xuñ 2008
1212498615peqcamionbomberos2.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, presentaron este martes o novo vehículo do servizo de Bombeiros, preparado especialmente para actuacións nos montes.

Unha nova dotación que Abel Caballero incluíu na "dignificación dos bombeiros" e o seu servizo, e avanzou que se espera a chegada de máis equipamento para este ano, así como solventar o futuro parque de Bombeiros, para o que se está en negociacións co Porto de Vigo.

O coche ten un custe de 219.000 euros e conta cun brazo articulado de rescate en altura e un BFP, unha Bomba Forestal Pesada para a protección do lume na zona da cabina e nas rodas.

O peso do brazo articulado ascende aos 36.000 kg, con 410 CV de potencia, e 12 metros de lonxitude por 2,5 de ancho. O rescate en altura a pé de base alcanza os 55 metros. A capacidade de almacenamento de auga ascende aos 400 litros, cunha reserva de emerxencia doutros 300.
Descargar todas as imaxes