Escoitar

O Concello homenaxeará este xoves a Curros Enriquez cun recital poético musical

En conmemoración do centenario do pasamento do escritor de Celanova, o Concello de Vigo, a través da Alcaldía e do Concellería de Educación, renderá homenaxe a Curros Enriquez coa celebración o próximo xoves 5 de xuño dun recital no que participarán as Escolas de Danza Municipais de Música, Danza e Teatro.

martes, 3 xuñ 2008
O próximo xoves, 5 de xuño, o Concello de Vigo rende homenaxe ao poeta de Celanova, Manuel Curros Enriquez, por mor do centenario do seu pasamento cun recital poético musical que cen complementar o traslado da estatua do escritor ao seu emprazamento orixinal na Alameda viguesa.

O Concello quere "seguir sumándose ao recoñecemento a Curros", segundo salientou o alcalde cunha conmemoración tamén "a nivel educativo". O programa de actividades contempla as actuacións da orquestra da Escola Municipal de Danza, do alumnado da Escola Municipal de Teatro e da Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional.

Xunto coa participación das Escolas, o próximo xoves ofrecerán senllos concertos a soprano Beatriz Riobó e o profesor de arpa Rodrigo Romaní.