Escoitar

O Plan Xeral de Vigo estará en vigor en 15 días

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a aprobación do novo PXOM de Vigo outorgada pola Consellería de Política Territorial de Xunta de Galicia o pasado 16 de maio. O alcalde mostrou a súa "satisfacción" por esta "moi boa noticia" e calculou que aproximadamente "en dúas semanas" estará publicado no Boletín Oficial da Provincia pasando a ter vixencia legal.

martes, 3 xuñ 2008
1212498323P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o Diario Oficial de Galicia publicou este martes a aprobación do novo Plan Xeral de Vigo, validado definitivamente pola Xunta de Galicia o pasado 16 de maio, co que aproximadamente "en 15 días" poderá ser publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e entrar en vigor.

Así o salientou o alcalde en rolda de prensa, quen mostrou a súa "satisfacción" polo que considera unha "moi boa noticia" para a cidade. Avanzou asemade Abel Caballero o "extraordinario interese" dos promotores "máis importantes da cidade" para iniciar o proceso de construción dos futuros novos ámbitos urbanísticos da cidade.

A este respecto, a Xerencia de Urbanismo está a "axilizar" o procedemento dos empresarios para facilitar que "o traballo dun ano se faga nun mes", salientou o rexedor local. Abel Caballero subliñou que Vigo contará "en tempo inmediato" con "vivendas a metade de prezo", por estar suxeitas a algún tipo de protección oficial, tal e como contempla o novo PXOM.
Descargar todas as imaxes