A alcaldesa falará en Asturias do desafío que supón para as cidades a celebración de grandes eventos internacionais

luns, 2 mai 2005

A alcaldesa, Corina Porro, pronunciará o martes na capital do Principado de Asturias a conferencia "As cidades como escenarios de eventos internacionais", na que falará do desafío que supón para as cidades a celebración de grandes acontecementos, como a Volta ao Mundo a Vela. O acto, que comezará ás sete do serán no Club Prensa Asturiana de Oviedo, será presentado polo alcalde desta cidade, Gabino de Lorenzo.

O Concello decreta os servizos míninos ante a folga de limpeza

venres, 29 abr 2005

A alcaldesa decretou os servizos mínimos ante a folga indefinida do persoal dos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria que se inicia o sábado día 30 de abril. Estes servizos teñen carácter de esenciais polos riscos que para a saúde entraña a permanencia dos residuos sólidos, especialmente os orgánicos, nas vías públicas.

A alcaldesa participou na sesión inaugural

A Universidade organiza un curso sobre a realidade xeral de Vigo

luns, 11 abr 2005

A alcaldesa participou na sesión inaugural do curso "Vigo, unha empresa e moito máis" que se desenvolverá do 11 ao 15 de abril na Escola Universitaria de Estudos Empresariais. No seu discurso, Corina Porro, indicou que en só dous anos Vigo ten escalado corenta e catro postos no ranking de cidades atractivas para crear empresas.

Ofrenda floral ao pobo xitano

venres, 8 abr 2005

A alcaldesa Corina Porro participou no acto conmemorativo do "Día Internacional dos Xitanos" no que se realizou unha ofrenda floral desde a ponte do río Lagares. O acto estivo organizado pola Asociación de Mulleres Xitanas de Vigo "Adiquerando".