venres, 10 set 2004
A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, inauguraron o venres un novo curso escolar no centro Javier Sensat, onde compartiron xogos e historias con algúns dos alumnos de entre 3 e 12 anos que se incorporaron hoxe ás aulas tralo periodo estival.
venres, 10 set 2004
Vigo celebrará un concurso nacional de piano o próximo ano , segundo anunciou hoxe a alcaldesa, Corina Porro, ao remate dun encontro que mantivo con presidente da Fundación Mayeusis, Felipe Estévez.
mércores, 8 set 2004
A alcaldesa, Corina Porro, asiste ao encontro que manterá esta tarde o presidente da Xunta, Manuel Fraga co ministro portugués de Cidades, José Luis Arnault. A reunión terá lugar ás cinco da tarde na Casa do Roseiral en Oporto , e tamén asistirán o secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, Jesús Gamallo e o alcalde da cidade de Oporto, Rui Rio.
martes, 7 set 2004
A alcaldesa Corina Porro anunciou o impulso que dende o goberno municipal darase ao Plan Estratéxico de Vigo, ao termo dunha xuntanza que mantivo hoxe cos redactores do Plan, Antonio Vázquez Barquero e Jorge Vázquez Gurriarán.
venres, 3 set 2004
Na víspera da súa partida para Atenas 2004, a concelleira de Deportes, Lucía Molares,amosou o apoio do Concello ao deportistas na súa participación nas probas. Por outra banda a alcaldesa, Corina Porro, recibirá o luns aos deportista vigueses que conseguiron diploma olímpicos en Atenas.
mércores, 1 set 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, reuniuse hoxe cos voceiros dos distintos grupos políticos municipais da oposición para abordar o estado dos distintos proxectos e cuestións que afectan á cidade. O Plan Xeral, os vindeiros orzamentos municipais, o convenio Vigo 2005, o auditorio Casa Mar ou o centro comercial de A Laxe foron algunhas das cuestións que se analizaron nos encontros. A alcaldesa aproveitou tamén para entregarlles aos voceiros dos grupos o estudio de viabilidade do auditorio-pazo de congresos.
luns, 30 ago 2004
Os actos de homenaxe ao poeta, propostos pola Xunta de Voceiros Municipais na súa sesión do 24 de xuño e aprobados polo Pleno da Corporación, darán comezo o martes 31 de agosto.
xoves, 26 ago 2004
A inspección de ADEAC conclúe que a praia está en perfectas condicións de limpeza e hixiene para o uso dos bañistas.
martes, 24 ago 2004
A inspección de ADEAC conclúe que a praia está en perfectas condicións de limpeza e hixiene para o uso dos bañistas.
martes, 10 ago 2004
Os rapaces, recibidos hoxe pola alcaldesa, Corina Porro, pasarán o verán acollidos por familias da cidade da man do programa "Vacacións en paz", promovido pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.