Pregón das Festas de Bouzas

venres, 16 xul 2004

A alcaldesa Corina Porro lerá na noite do venres o pregón das Festas de Bouzas, no que lembra a celebración de cen anos de historia compartida entre Bouzas e Vigo e que éstas son as primeiras declaradas de interese turístico.

A alcaldesa lerá o pregón das Festas Bouzas

xoves, 15 xul 2004

A alcaldesa presentou as Festas de Bouzas que se celebran do 16 ao 20 de xullo e nas que o Concello colabora con preto de 3.000 euros. A edición deste ano coinciden co centenario da adhesión desta parroquia ao Concello de Vigo.

Carlos Nuñez, Paloma San Basilio, Cómplices e Berrogüetto entre os artistas dos espectáculos

Castrelos celebra dúas galas da TVG

mércores, 14 xul 2004

O Auditorio do Parque de Castrelos acollerá os días 16 e 18 de xullo dúas galas audiovisuais organizadas pola Televisión de Galicia e o Xacobeo 2004. Serán a partir das 21:30 horas, e estarán abertas ao público.A presentación das galas estivo a cargo da alcaldesa, Corina Porro e do responsable de espectáculos del Xacobeo, Xerardo Rodríguez, así como do gaiteiro Carlos Núñez.