Abel Caballero e Carlos Mouriño acordan redactar o protocolo que facilite a viabilidade do Celta

martes, 20 xan 2009

Mañá mércores comezarán as conversas entre o edil de Patrimonio, Carlos L. Font, e directivos do Clube de cara á súa redacción, segundo adiantou o alcalde. Abel Caballero explicou que o protocolo sentará as bases da futura ampliación do convenio actual, o que facilitará o éxito do proceso concursal no que está inmerso a entidade. O alcalde ratificou que o acordo "non lles costa nin un euro" aos vigueses.

Abel Caballero y Carlos Mouriño acuerdan redactar el protocolo que facilite la viabilidad del Celta

martes, 20 xan 2009

Mañana miércoles comenzarán las conversaciones entre el edil de Patrimonio, Carlos L. Font, y directivos del Club a cara descubierta a su redacción, según adelantó el alcalde. Abel Caballero explicó que el protocolo sentará las bases de la futura ampliación del convenio actual, lo que facilitará el éxito del proceso concursal en el que está inmerso la entidad. El alcalde ratificó que el acuerdo "no les cuesta ni un euro" a los vigueses.

A ETEA abrirá aos cidadáns o próximo 11 de febreiro

luns, 19 xan 2009

Abel Caballero ratificou hoxe luns que o vindeiro 11 de febreiro se asinará o convenio entre a Xunta de Galicia, a Zona Franca e o Concello de Vigo que permitirá a "apertura definitiva" da ETEA aos cidadáns, tras 93 anos pechada. O alcalde agarda que poucos días despois desa data estean habilitadas tamén as instalacións deportivas.

A Alcaldía acolle a mostra lirica e de cor impresionista de Xavier Pousa

luns, 19 xan 2009

Este luns tivo lugar a inauguración da nova mostra pictórica que acolle as dependencias da Alcaldía de Vigo, desta volta a cargo de Xavier Pousa. Máis de medio centenar de persoas relacionadas co mundo da arte, así como representantes da corporación municipal, abriron a quinta mostra da Alcaldía, que destaca pola técnica persoal de Pousa no tratamento da paisaxe.

"O logro máis importante do 2008 foi a aprobación do Plan Xeral"

martes, 30 dec 2008

O alcalde fixo balance este martes dun 2008 "francamente satisfactorio para o desenvolvemento da cidade", no que Abel Caballero destacou a aprobación do PXOM, a posta en marcha de 11.500 vivendas protexidas, a normalidade presupuestaria, o "decidido impulso" dado polos grandes proxectos e as "humanizacións masivas en toda a cidade".

O alcalde confirma que xa se están a enviar os proxectos de Vigo para o plan estatal de inversións

martes, 23 dec 2008

Abel Caballero salientou que se está a executar desde hoxe de forma telemática o envío dos proxectos de inversións municipais á Subdelegación do Goberno, dentro do plan estatal do Goberno de España do que Vigo recibe máis de 52 millóns de euros. O alcalde explicou este martes ao Presidente da Cámara de Comercio de Vigo as prioridades de inversión da cantidade.