venres, 2 dec 2011
O alcade de Vigo participou esta mañá na inauguración do Seminario Hacia un mercado hipotecario europeo. El Parlamento europeo decide, organizado no Auditorio Mar de Vigo. Na súa intervención nas xornadas, organizadas polo eurodiputado socialista Antolín Sánchez Presedo, Caballero sinalou a trascendencia deste encontro "xa que, entre outros temas, se decidirá sobre cuestións tan controvertidas como os mecanismos de establecemento das hipotecas" .
venres, 2 dec 2011
Abel Caballero achegouse hoxe ata a pista de xeo instalada na zona na que se organiza a festa de Coia. Cunha carpa de 40x20 metros e unha pista de 30x16, a deste ano "convértese na maior pista instalada nunca na cidade, bastante maior que a do ano pasado, exemplificou. O rexedor lembrou que para participar hai que ser maior de tres anos e que os 100 patinadores que como moito poden albergar as instalacións contan coa constante vixiancia de monitores. Engadiu que o tempo por sesión é de 45 minutos e haberá prezos especiais para grupos escolares.
venres, 2 dec 2011
A Xerencia de Urbanismo informou desfavorablemente o proxecto da Xunta de construír un parque eólico na Serra do Galiñeiro, espazo natural situado entre Gondomar, Mos, O Porriño e Vigo. Así o anunciou esta mañá o rexedor quen destacou que a proposta "é un disparate" porque estaba prevista nun espazo natural dotada coa maior protección.
xoves, 1 dec 2011
O alcalde de Vigo entrevistouse este xoves co anterior responsable da factoría de Balaídos de PSA na súa despedida, quen foi "capaz de ir mantendo o ritmo de producción e buscarlle un horizonte" á planta, conservando o seu peso dentro do grupo, conseguindo a fabricación de dous novos modelos e coa perspectiva de acoller en Vigo unha furgoneta eléctrica e outro vehículo.
xoves, 1 dec 2011
Abel Caballero mantivo unha entrevista con Mr. Ortolland, cónsul xeral de Francia para o Norte de España, quen lle transmitiu que a Autopista do Mar viguesa está na vía de resolución, pendente de "trámites administrativos". O alcalde tamén ofreceu ao cónsul o apoio municipal necesario cara ás eleccións xerais do país galo, que contará en Vigo cunha mesa electoral.
mércores, 30 nov 2011
O alcalde de Vigo e os representantes comarcais de UGT, CCOO e CIG mantiveron este mércores unha reunión para "pasar revisión á situación da cidade, do seu panorama económico e das dificultades que hai pola crise". Caballero revelou que estas entrevistas celébranse periódicamente para "compartir visións e cambiar opinións", e explicou que "temos unha magnífica relación coas tres centrais sindicais e queremos que siga a ser así".
mércores, 30 nov 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores unha nova edición de Mostrarte, a iniciativa municipal que leva as obras de artistas vigueses ou vinculados á cidade aos espazos da Alcaldía do Concello de Vigo. Amelia Vázquez-Palacios, pese á súa xuventude, transmite en cada un dos seus traballos a súa paixón e calidade artística, converténdoa nun importante valor de futuro.
martes, 29 nov 2011
O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) foi designado este martes representante das cidades españolas no Consello de Municipios e Rexións de Europa, no que participan as 17 comunidades autónomas e os dirixentes locais de Vigo e Sevilla. A Xunta de Goberno da FEMP, a Sección Española desta entidade europea, aprobou o nomeamento dos seus principais órganos reitores e institucionais.
martes, 29 nov 2011
A pista de xeo volve como cada Nadal. Do 1 de decembro ao 8 de xaneiro, de forma ininterrompida e con horarios adaptados a esta época, Coia recibe unha actividade de lecer tradicional en Vigo dende o ano 2000. Esta iniciativa foi presentada hoxe martes pola organización e o edil municipal, Manel Fernández.
xoves, 24 nov 2011
Abel Caballero, xunto co Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, asistiu este xoves á chegada da primeira tuneladora ao centro de Vigo, completando os 8,2 quilómetros de percorrido desde Redondela. "Hoxe Vigo ve a luz ao final do túnel", aseverou o alcalde, tras máis de dous anos e medio de traballos, pois "hoxe conclúe simbólicamente" a chegada do AVE á cidade.