O alcalde reclama que a crise non rebaixe a presión contra o cambio climático
Hoxe luns, na apertura da reunión do Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático (IPCC) da ONU, que reúne en Vigo a expertos de 56 países para elaborar o próximo informe de avaliación do mesmo, Abel Caballero avogou por combinar a loita contra a crise e contra o cambio climático nas axendas internacionais.
Durante as verbas de benvida, o alcalde explicou aos expertos internacionais citados en Vigo que a cidade naceu do mar e ten no entorno e no respecto á natureza o seu futuro. Abel Caballero defendeu afastar a loita contra o cambio climático de posicións ideolóxicas e políticas así como a necesidade de actuar contra os gases de efecto invernadoiro nas cidades, onde habita a maior parte da poboación, regulando cuestións coma o transporte ou o tráfico.
O rexedor vigués recordou na súa intervención que a crise económica internacional non pode converterse nun argumento para minorar os esforzos contra o cambio climático, apuntando ademais que as medidas a adoptar a prol da sostibilidade poderían supor a creación de novas áreas de actividade económica e laboral.
Abel Caballero puxo de relevancia posteriormente que Vigo é desde hoxe "capital mundial contra o cambio climático", xa que acolle está cita "única en Europa", polo que felicitou ao grupo de traballo encabezado por Gago e Lavandeira.
Cambio climático
Expertos de 56 países participan entre o 5 e o 9 de novembro en Vigo na elaboración do próximo informe de avaliación do Grupo Intergobernamental sobre Cambio Climático (IPCC) da Organización de Nacións Unidas (ONU). A reunión en Vigo deste grupo, cuxos informes deron lugar ás negociacións para o Protocolo de Kioto, é a terceira e penúltima do actual ciclo, logo das de Corea do Sur --xullo de 2011-- e Nova Zelandia --marzo de 2012--.
En total, participan os 281 autores principais e coordinadores de revisión do grupo III do IPCC, que se encarga de avaliar opcións para mitigar o cambio climático mediante a limitación das emisións de gases de efecto invernadoiro. A reunión celébrase nas sedes da Fundación Barrié e o Centro Social Novacaixagalicia. Entre o 5 e o 9 de novembro reúnense os autores do informe e os dous días anteriores celebrouse un encontro previo de expertos para abordar os escenarios futuros de cambio climático.
O evento está organizado polo centro de investigación Economics for Energy e a Universidade de Vigo e, ademais, conta co apoio das fundacións Barrié, Ramón Areces e José Manuel Entrecanales. Así mesmo, posúe o respaldo da Xunta, o Concello de Vigo e o Centro Vasco de Cambio Climático e está avalado polo representante español do IPCC e a Oficina Española de Cambio Climático.
O IPCC é o principal organismo mundial de valoración do cambio climático e o seu principal labor é elaborar cada 6 ou 7 anos un informe de avaliación en base a investigacións científicas, técnicas e socioeconómicas desenvolvidas por miles de expertos de todo o mundo. Ademais dos principais expertos internacionais en cambio climático, tamén participan nel os gobernos de 195 países.
Os informes do IPCC son un referente científico para a toma de decisións sobre o proceso de negociación da convención marco da ONU sobre cambio climático e, aínda que son relevantes desde a perspectiva política, non teñen carácter prescriptivo.
Descargar todas as imaxes