Escoitar

A cultura do consumo ecolóxico e a artesanía enche este sábado o Casco Vello

Nesta edición está previsto que a FEIRA ocupe a Praza da Pedra e as rúas Palma, Oliva e Triunfo pero se amenaza choiva trasladarase a montaxe ao Mercado do Berbés. O horario de inverno do mercado será ininterrompido de 10.00 a 19.00h.

venres, 2 nov 2012
1351852502Leonlagata.jpg
Esta iniciativa do Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa colaboración da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos (APEGA), avoga por converterse nun recurso económico para a cidade dado o crecente interese por estes sectores. O comercio sostible aboga por ciclos de comercialización curtos, no que existen poucos intermediarios e o produto non ten que desplazarse moitos quilómetros.

O papel na FEIRA dos produtores ecolóxicos galegos dende a súa asociación APEGA é moi destacado xa que en cada edición participan coa organización de charlas e degustacións gratuítas de produtos.

RECURSO TURÍSTICO
FEIRA pretende asentarse ata ser un recurso turístico, tomando como referencia outros como o mercado tradicional Borought Market en Londres. As rúas do Casco Vello ambientadas polos postos de venda crean o mellor ambiente posible para o paseo. O valor engadido dos productos de aquí pola súa calidade e idoneidade para nós supón un arma fronte á crise económica que sufrimos.
A ampla oferta permite ademais que tanto o visitante que busca produtos gourmet ou xoiería de autor como o que quere mercar ovos teñan o seu oco.

OS PARTICIPANTES
Como nas anteriores edicións os participantes rondan o medio centenar. Entre os produtores destaca a horta bio, meles, cervexas artesáns, carne ecolóxica, ovos de galiña de Mos, unha amplia oferta de queixos, pans e conservas ecolóxicas.
No eido da artesanía haberá canteiros, talladores de cristal e todo tipo de complementos de coiro. Ademáis estará presente a cosmética ecolóxica, o deseño téxtil, xoiería e, como novidade, unha gran oferta de produtos naturais para bebés.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Realizaranse obradoiros gratuítos para familias nos que se fabricarán complementos artesanias baseados nas temáticas dos Samaín a cargo das firmas de complementos Chirliña e Leónlagata.
Durante a tarde invitarase a os visitantes a merendar produtos ecolóxicos (infusións naturais, chocolate bióloxico e pastas) mentras se disfruta das charlas sobre a cociña ecolóxica no nomeado restaurante vigués de Tapa en Cepa a cargo do seu chef Juan Carlos Perret e a pioneira na agricultura ecolóxica na comarca, Ágatha Broeskamp, conta a súa experiencia.
Ágatha leva cultuvando segundo os criterios da agricultura ecolóxica dende hai casi trinta anos "Cremos que esta forma de cultivar e moito máis (bio-)lóxica, porque protexe a saúde, o medio ambiente e a economía, tanto a de quen cultiva como a da sociedade. Está en consonancia coas leis da natureza." Segundo esta labrega a necesidade de pasarse ao consumo de produtos ecolóxicos é real: "Todo o mundo que ten temor ó cambio climático, ten que cambiar a ecolóxico, porque se a agricultura fose 100 % eco, aforraríamos o 25% das emisións".

Nesta completa entrevista realizada pola Cooperativa de consumo consciente Árbore, radicada en Vigo, explica a súa filosofía
http://www.arbore.org/entrevista-de-arbore-labrega-ecoloxica-agatha-broeskamp
Por último Pablo Martínez Alemparte, membro da Agrupación Astronómica Rías Baixas realizará un obradoiro sobre a observación do ceo nesta época do ano.
Descargar todas as imaxes