O Concello edita un folleto para poñer en valor a historia e a arquitectura do cemiterio de Pereiró
O alcalde de Vigo presentou hoxe mércores unha guía do cemiterio de Pereiró coa que o Concello "vai un paso máis aló na posta en valor dos cemiterios municipais como parte da historia, da tradición e da arquitectura de Vigo". Así o explicou o rexedor durante unha visita ao cemiterio de Pereiró na que felicitou á concelleira delegada, Chus Lago, e aos técnicos municipais polo bo estado no que están as instalacións. No que vai de ano o Concello investiu máis de 45.000 euros en obras de mellora nos camposantos municipais.
O alcalde de Vigo aproveitou unha visita ao cemiterio de Pereiró para presentar unha guía destas instalacións que pretenden poñer en valor a tradición, a arquitectura e a historia deste camposanto. Logo de percorrer o cemiterio, Caballero explicou que o folleto divulgativo -do que se editaron uns 5.000 exemplares- recolle un plano, a historia, e as importantes mostras de arte funerio como a tumbra de Heraclio Botana, o templo funerario da familia Francisco Tapias Pascual ou a sobrecolledora obra coa que a familia Gil y Sarabia quixo recordar as súas fillas.
Caballero destacou que os cemiterios "son parte da historia, da cultura e do cariño co que lembramos á xente que estivo con nós" e avanzou un investimento municipal no mantemento de 45.000 euros no que vai de ano. No caso de Pereiró, referiuse ao acondicionamento do xardín da memoria histórica -no que fixo especial referencia a un poema esculpido nunha prancha de ferro que fixo un dos traballadores municipais, "máis aló das súas funcións, o cal lle queremos agradecer especialmente", matizou o rexedor; a limpeza e realce de sepulturas; o ornato de campás na entrada, co que xa hai tres, dixo. No caso de Teis, no que tamén se fixo un "acondicionamento sensible", os traballos pasaron polo pintado exterior e interior da capela; reparación parcial da rede de saneamento de augas pluviais; colocación de canalóns, reparación e pintado do soporte da campá; reparación do tellado e electrificación do almacén e adecuación da caseta do vestuario.
No caso de Beade, proceseuse ao arranxo de bancos e nestes momentos estáse a instalar os baños; e, por último, en Lavadores, colocáronse barandas e escaleiras no recinto do cemiterio. Ademais e tal e como explicou o rexedor, con carácter xeral se están a facer labores de limpeza e ornato de prantas e camiños. Caballero loubou estes traballos e felicitou á concelleira delegada, Chus Lago, así como aos técnicos municipais polo seu "entusiasmo e dedicación".
Descargar todas as imaxes