O Pleno reclama a modificación da lei hipotecaria para incluir a dación en pago e o aluguer social
Os votos socialistas e nacionalistas, coa abstención do PP, aprobaron un acordo que pide aos gobernos de Galicia e España modificacións lexislativas para incluir a dación en pago e o aluguer social nos supostos de insolvencia sobrevenida e de boa fe, como a derivada dunha situación de desemprego.
O acordo procura evitar que a execución da hipoteca por impago deixe aos cidadáns desfiuzados sen aloxamento e coa débeda, polo que proponse a fórmula da dación en pago e a inclusión dun aluguer social para garantir a vivenda dos afectados.
Banco de Alimentos
Unha moción, presentada polo PSOE e apoiada pola unanimidade dos grupos políticos da Corporación, demanda o mantemento do financiamento do Programa Europeo de Axuda Alimentaria ás persoas necesitadas no periodo 2014-2020, en risco pola presión no seo do Consello Europeo dalgúns países.
O acordo procura igualmente "reforzar" o financiamento público adicado aos Bancos de Alimentos a través dos Orzamentos Xerais do Estado e a promoción dun "acordo entre o Estado, as organizacións sociais e representantes da industria agroalimentaria que permita un aproveitamento eficiente dos alimentos, como acontece noutros países, evitando a destrucción dos mesmos".
Por último, outro texto foi validado na sesión plenaria de hoxe mércores, instando á Xunta de Galicia a que subvencione a actividade musical de Vigo "de acordo coas necesidades musicais desta cidade".