A Semana do Teatro Afeccionado programa catro espectáculos nas parroquias da cidade
A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, e o responsable da Agrupación de Centros Culturais, Roberto Giráldez, presentaron este martes esta iniciativa cultural que este ano trasládase as parroquias de Bembrive, Valladares, Cabral e Matamá. Abelairas avogou por manter o "esforzo" que impida que a crise "cercene" a cultura.
Abelairas amosouse "encantada" de colaborar desde o Concello de Vigo coa Agrupación de Centros Culturais para o desenvolvemento da Semana do Teatro Afeccionado, que terá lugar entre o 3 de novembro e o 1 de decemebro.
A concelleira de Cultura salientou que "paga a pena o esforzo que estamos facendo" e asegura que continuará o apoio ás entidades porque "non podemos deixar que a cultura sexa cercenada en nome dunha crise".
Giráldez, quen agradeceu a "colaboración" do Concello de Vigo, que leva case que unha década asinando un convenio coa Agrupación, explicou que as representacións terán lugar o 3 de novembro no Centro Cultural Helios de Bembrive a cargo do grupo Escoitade, o 17 de novembro o colectivo Rueiro de Coia actuará en Valladares, o 24 de novembro será o turno do grupo Atlántida en Cabral e o 1 de decembro en Matamá actuará Porta Aberta.
Descargar todas as imaxes