O Concello adxudica a xestión do Centro de Inclusión Social, que funcionará en semanas
Abel Caballero informou da decisión do goberno local de adxudicar o servizo do Centro Integral de Inclusión Social, en Marqués de Valterra, que empezará a funcionar a finais deste mes ou a comezos de decembro. Incluirá o albergue, un centro de acollida e inclusión, un comedor social e unidades de rúa e hixiene, entre outros servizos.

A adxudicación do servizo, por dous anos e un importe de 1,3 millóns de euros, ampliará o servizo de albergue que o Concello de Vigo ofrece desde hai meses en Marqués de Valterra para converterse nun Centro Integral de Inclusión Social e Emerxencias no que traballarán un coordinador, un psicólogo, traballadores, educadores e integradores sociais, vixilantes e limpiadores.
O futuro Centro iniciará a súa actividade a finais deste mes ou a comezo de decembro, segundo estimou o alcalde, todos os días do ano, incluíndo o albergue -aloxamento temporal para persoas en risco de exclusión social-, un centro de acollida e inclusión -réxime residencial temporal con programas de inclusión e de paso á vida autónoma-, outro de atención social continuada, un centro de día de inclusión social (mantendo ao tempo o piso municipal para 8 usuarios) e unidades de rúa e de hixiene.
Descargar todas as imaxes