Escoitar

Caballero asina con FAIMEVI e entidades sociais convenios por 430.000 euros para crear 48 empregos

No marco do Plan Municipal de Emprego, o alcalde asinou este venres convenios coa Axencia de Enerxía de Vigo, Érguete, a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, a Asociación de Anorexia e Bulimia, Igualarte e Aspanaex para a creación de 48 postos de traballo. Xunto a estes, o goberno local validou o texto de outros catro acordos a rubricar próximamente.

venres, 2 nov 2012
1351860322sociales.jpg
Con FAIMEVI, o alcalde rubricou un acordo para "establecer pautas de eficiencia enerxética" por valor de 180.000 euros e a contratación de 17 persoas.

No tocante ás entidades sociais, os textos asinados con Érguete, a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral, a Asociación de Anorexia e Bulimia, Igualarte e Aspanaex permitirá a creación total de 31 empregos para dar asistencia á súa laboura, entre as que destaca o servizo de vixilancia e información en barrios como o Casco Vello vigués. O investimento total do Concello nestas cinco entidades ascende a 250.000 euros.

Caballero tamén informou que a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria deste venres, deu o seu visto bo a novos convenios de emprego coa Asociación Viguesa de Escleriose Múltiple, con COGAMI e coas asociacións veciñais de Matamá e Saiáns. Estas decisións permitirán unha achega de 71.000 euros para a creación de oito novos postos de traballo.

Ata o momento, segundo revelou o alcalde, o goberno local validou convenios con 34 entidades para a creación de 209 postos de traballo, cun investimento municipal próximo aos 1,9 millóns de euros. O total a asinar suporá a creación de 325 empregos cos 2,5 millóns que reserva o Concello para a materia.

Xerencia de Urbanismo
Na reunión deste venres, adxudicouse o servizo de seguridade e vixilancia do edificio da Xerencia -97.000 euros para dous anos-, ademais de incoarse o procedemento para a contratación do servizo de redacción do PERI Raviso Industrial como de iniciativa pública.

Por outra banda, o Concello aprobou conceder 131.000 euros para á rehabilitación de 15 vivendas no Casco Vello e deu conta da concesión de 25 licencias de obra e outras 6 de actividade para un investimento superior ao medio millón de euros.
1351860322sociales.jpg
1351860295faimevi.jpg