Escoitar

O goberno local autoriza o uso de 3.000 metros cadrados municipais como hortas urbanas

Na sesión de goberno deste venres, o executivo dirixido por Abel Caballero autorizou a utilización de 3.000 m2 de terreos municipais como hortas urbanas, parcelas ubicadas en Navia, Camelias e Lavadores, para que a cidadanía viguesa os traballe e se sensibilice coa agricultura ecolóxica e os hábitos de vida saudables.

venres, 2 nov 2012
1351860235abelcaballero.jpg
Segundo informou o alcalde, existe unha gran demanda de interesados en traballar a terra, que teñen que facer un curso previo que oferta o Concello de Vigo, e no interese municipal está ampliar próximamente os terreos dispoñibles ao efecto.

Estas son as tres primeiras parcelas municipais habilitadas como hortas urbanas, unha de 2.200 metros cadrados na rúa Fontans, outra de 100 m2 entre os números 18 e 20 da Avda Camelias e outro espazo de case 700 m2 en Navia, na rúa Poza do Cabalo. A posta en marcha desta iniciativa será "inmediata", aseverou Caballero.

Nos obxectivos do Concello con esta medida – para á que adicou 20.000 euros para habilitar os recintos- está sensibilizar á cidadanía en materia medioambiental, sobre os recursos naturais e sobre os hábitos de consumo saudables. Ademais, o goberno local pretende igualmente ensinar aos participantes os fundamentos da agricultura ecolóxica.
Descargar todas as imaxes