Caballero subliña o traballo solidario da Asociación Española Contra o Cancro
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este venres á apertura do tradicional rastrillo benéfico que organiza a delegación viguesa da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Urzáiz, onde permanecerá instalado desde hoxe ata mediados de decembro, en horarios de mañá e tarde.

O alcalde, Abel Caballero, eloxiou a solidariedade da cidade de Vigo que, un ano máis e xa suman 18 edicións, acolle este rastrillo benéfico de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas, desde hoxe ata o 15 de decembro.
Descargar todas as imaxes