Sindicatos e Asociación de Jóvenes Empresarios crearán 12 postos de traballo grazas ao Plan de Emprego municipal
O rexedor asinou hoxe luns catro convenios de colaboración a cargo do Plan Municipal de Emprego por valor de 170.000 euros. As tres centrais sindicais recibiron 150.000 euros para contratar a once persoas e a Asociación de Jóvenes Empresarios creará un posto de traballo cunha achega de 20.000 euros.
O alcalde e os responsables da Asociación de Jóvenes Emprasarios (AJE) e das tres centrais sindicais, UXT, CCOO e CIG, asinaron hoxe luns catro convenios de colaboración dentro do Plan de Emprego Municipal. Concretamente, AJE recibirá 20.000 euros cos que creará un posto de traballo destiñado a facilitar formación a 80 socios da entidade, mentres que os sindicatos recibirán 50.000 euros cada un para xerar 4 postos de traballo, respectivamente.
Durante a súa comparecencia, Caballero lembrou que aínda quedan 5 convenios máis por asinar ata completar 325 postos de traballo e un investimento de 2,5 millóns de euros. O alcalde resaltou a importancia destes plans de emprego un día como o de hoxe no que se coñeceron os datos do paro do mes de outubro. Tal e como relatou, en España o crecemento do desemprego foi do 2,73%; en Galicia, do 3,25%; en Pontevedra, do 3,76% e en Vigo, do 1,17%. Subliñou que o crecemento do paro na cidade foi menor que no resto da Comunidade, matizando que as cifras constatan que "este plan de emprego era oportuno e imprescindible". Lembrou as 350 persoas que traballan en Vigo grazas a este plan, ao que se suman outras 2.500 das políticas keynessianas, concluindo que "algo terá esto que ver na taxas de paro máis baixas".