Escoitar

Caballero invita á cidadanía a sumarse á I Marcha Ciclista de UNICEF a prol da infancia

O alcalde, Abel Caballero, e a directora en Vigo de UNICEF, Gloria del Río, presentaron este luns a primeira edición da marcha ciclista "Pedaleando pola Infancia", que terá lugar o domingo, 11 de novembro, desde as 11 horas con saída e chegada na Praza do Rei. A inscripción costa un euro.

luns, 5 nov 2012
1352119213unicef.jpg
O alcalde animou aos vigueses e as viguesas a inscribirse nesta marcha ciclista popular de UNICEF a prol da infancia, con saída ás 11 horas do próximo domingo e un percorrido "atractivo", con avituallamento en Samil.

Gloria del Río, pola súa banda, agradeceu a participación do Concello, do Voluntariado municipal e das entidades colaboradoras -Hospital Fátima, Gadis e Frutas Nieves-. "Vigo é unha cidade moi solidaria", asegurou, pois os vigueses e viguesas "sempre están apoiando a nosa causa, que non é outra que a causa dos nenos", quenes son os máis perxudicados pola crise. A directora en Vigo de UNICEF agarda que o domingo as rúas de Vigo se enchan de xente que pensa que as cousas poden cambiar.

O dorsal ten un custe de un euro, a recoller desde as 10 horas do domingo na Praza do Rei. As inscripcións pódense tramitar antes da saída, no teléfono 981 58 63 87 e no mail vigo@unicef.es. O percorrido a completar é o seguinte: Praza do Rei – Venezuela –Gran Vía – Lepanto – Alfonso XIII –García Barbón – Policarpo Sanz – Porta do Sol – Elduayen – Paseo de Alfonso – Pi y Margall – López Mora – Pza. América – Avda. Castelao – Avda. Europa – Avda Samil – Párking Samil (avituallamento) – Avda. Europa – Avda. Castelao – Praza de América – Avda. das Camelias – Praza do Rei.
1352119213unicef.jpg
1352118742Pedaleando.JPG
Descargar todas as imaxes