O Concello aporta 60.000 euros para rehabilitar unha zona interior de uso público nas inmediacións de POVISA
O rexedor asinou hoxe ñuns un convenio cao mancomunidade de propietarios dunha zona común nas rúas Barcelona, Regueiro, Zaragoza e Salamanca para colaborar no finanzamento das obras de humanización dunha zona interior de uso público. Esta rehabilitación permitirá desconxestionar o tráfico na zona e mellorar as zonas comerciais.
O Concello colabora coa mancomunidade de propietarios dunha zona común nas rúas Barcelona, Regueiro, Zaragoza e Salamanca que rehabilitaron e humanizaron unha zona interior de uso público "transformando un patio interior, en estado moi deficiente, nunha grande praza pública". O rexedor asinou esta mañá un convenio con representantes veciñais das comunidades afectadas, que xa realizaron as obras que transformaron "unha zona inhóspita nunha zona espléndida". Tal e como explicou Caballero, os traballos ascenderon a 260.000 euros, dos que o Concello aporta 60.000 euros.
Trátase, dixo, dun "magnífico" exemplo de cooperación entre cidadanos e Concello que xa se aplicou na rúa Salvaterra, engadindo que "trataremos de aplicarlo noutras dúas zonas de Coia". Durante a rolda de prensa, explicou que esta iniciativa permitirá desconxestionar o tráfico da zona, mellora da zona urbana e das zonas comerciais.
Descargar todas as imaxes