Caballero avoga pola cooperación para que Vigo recupere as "claves" de cidade industrial
O alcalde de Vigo defendeu hoxe luns a importancia das tecnoloxías e da automatización industrial na recuperación económica durante a inauguración das V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial. Apelou á cooperación entre institucións e empresas para conseguir que os futuros profesionais poidan traballar en Vigo e "so se marchen aqueles que así o desexen".

O alcalde, Abel Caballero, inaugurou hoxe luns, as V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, "unha actividade da maior importancia de cara ao futuro do sector industrial de Vigo. Organizadas pola Universidade de Vigo, desde hoxe ata o 16 de novembro, Caballero resaltou durante a súa intervención a necesidade de que "Vigo recupere as claves que fixeron desta cidade unha das máis industriais de España".
No Centro Social Nocaixagalicia, instou a institucións, empresarios e Universidade e cooperar "para recuperar a industria como raíz firme da economía ". Refereuise aos estudantes para recordarlles que hai que buscar fórmulas que "os permitan traballar nesta cidade e que so se marchen aqueles que así o desexen". Defendeu estas xornadas como unha fórmula para sentar o futuro da automatización na industria local".
Descargar todas as imaxes