Escoitar

O goberno local asina convenios de emprego con colectivos que traballan pola igualdade

Como parte do Plan Municipal de Emprego, o alcalde rubricou este venres sendos convenios coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos e con Mulleres Progresistas para a creación de postos de traballo vencellados á actividade destas asociacións. Ata o momento, o Concello liberou 1,9 millóns de euros para crear 211 empregos.

venres, 9 nov 2012
1352464926convenios.JPG
Abel Caballero asinou esta mañá os convenios de colaboración coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos -entidade á que o goberno de Vigo achega 50.500 euros co compromiso de contratación de 6 persoas- e coa entidade Mulleres Progresistas -26.000 euros para empregar a 5 persoas-, dentro do Plan Municipal de Emprego co que o Concello xerar 325 postos de traballo cun investimento próximo aos 2,5 millóns de euros.

Caballero valorou de "moi importantes" os textos ratificados hoxe por ser o "apoio a aquelas asociacións que están na loita constante en favor da igualdade", e recordou que outras institucións están a retirar o respaldo á Rede de Mulleres.

Xunto aos acordos materializados hoxe, o Concello tamén aprobou outro convenio coa Fundación Luis Tilve na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada este venres, cun importe superior aos 36.000 euros e o compromiso de xeración de dous postos de traballo. Abel Caballero subliñou que, este venres, o goberno local autorizou o gasto de 112.700 euros para a xeración de trece novos postos de traballo.
Descargar todas as imaxes