O goberno local adica 230.000 euros ás escolas deportivas municipais, con 3.716 nenos inscritos
Abel Caballero asinou hoxe xoves os convenios con 44 clubs e federacións deportivas para o desenvolvemento das escolas deportivas municipais, dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos de idade. Actualmente son 3.716 os inscritos nalgunha das 26 modalidades deportivas dispoñibles.
O alcalde explicou que o fútbol ocupa o "lugar central" nas inscripcións dos nenos e nenas pero tamén destaca o patinaxe, o baloncesto, a ximnasia, o balonmano e o baloncesto.
Descargar todas as imaxes