O alcalde convenia coa Mancomunidade a contratación de 25 traballadores na limpeza dos montes
Abel Caballero rubricou este mércores un novo convenio dentro do Plan Municipal de Emprego coa Mancomunidade de Montes, un acordo polo que a entidade contrata a 25 persoas encargadas de "manter, limpar e coidar os montes" de man común da cidade. O Concello achega ao efecto 175.000 euros.
O alcalde asinou tamén outros acordos de colaboración, dentro do marco do Plan Municipal de Emprego, desta volta coa Federación de Peñas El Olivo e coa Agrupación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo. En total, os convenios rubricados hoxe mércores darán emprego a 33 persoas cunha achega municipal de 233.000 euros.
Abel Caballero amosouse "moi satisfeito" polo desenvolvemento deste Plan, concebido para crear 350 postos de traballo cun investimento municipal de 2,5 millons de euros. O alcalde tamén valorou os 2.400 empregos derivados da inversión pública do Concello.
Descargar todas as imaxes