O Concello colabora na estrea da obra teatral O Kikirixote, este sábado no Auditorio Municipal
A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este martes a obra de teatro familiar O Kikirixote, da compañía Monicreques de Kukas, que se representará o sábado, 10 de novembro, ás 18 horas no Auditorio Municipal, con entradas a 5 euros, 3 euros para menores de 12 anos. O Concello cede o recinto e o equipamento técnico e escénico.

Isabel Rei, de Monicreques de Kukas, salientou o "esforzo" da compañía neste proxecto, que se estrea en Vigo, onde "sempre tivemos moi boa resposta de público", agardando encher o Auditorio Municipal o próximo sábado.
Marcelino de Santiago, o autor da obra, explicou que O Kikirixote narra as aventuras e desventuras dun galo de corral, baseadas na obra de Cervantes, no marco dunha granxa. O texto está plagado de guiños á difícil situación actual, por exemplo en materia económica.
Trátase dunha divertida obra dirixida a todos os públicos que será representada por primeira vez en Galicia no Auditorio Municipal de Vigo, o sábado ás 18 horas, con prezos de 5 euros, 3 euros para os menores de 12 anos. Os preto de 40 monicreques que participan na función teñen entre 75 centímetros e un metro de altura e estarán manexados por 4 actores. O espectáculo contará con música clásica e cancións populares na hora de duración do mesmo.
Descargar todas as imaxes