As "visións emerxentes" de tres novos talentos inundan de cor á Alcaldía do Concello de Vigo
Unha nova edición de Mostrarte, a iniciativa municipal que expón a obra de singulares artistas vigueses nos espazos da Alcaldía, inaugurouse este martes coa presenza distintos corporativos vigueses e invitados. Desta volta, o Concello acolle o traballo de tres novos valores que comezan a despuntar no percorrido artístico da cidade: Luis Bueno, Eva López e Rodrigo García.