Escoitar

A Casa das Artes acolle desde o venres a exposición da XVII edición do Maratón Fotográfico

Os participantes na XVII edición do Maratón Fotográfico exhibirán as súas imaxes na Casa das Artes a partir do próximo venres 9 de novembro. No acto de inauguración, a partir das 20,00 horas, coñeceránse os gañadores deste certame organizado pola Agrupación Fotográfica Galega, en colaboración coa Concellería de Cultura.

martes, 6 nov 2012
1352205877Maraton.JPG
A Casa das Artes acollerá desde o próximo venres 9 de novembro a exposición do XVII Maratón Fotográfico, organizada pola Agrupación Fotográfica Galega en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas. O maratón incluíuse, como é habitual dende hai dezasete anos, no programa de festas da cidade, converténdose nunha cita ineludible para todas e todos os afeccionados ao mundo da fotografía.

Nesta ocasión, tivo lugar os días 11 e 12 de agosto, e os temas elixidos foron: arquitectura nocturna, refrescante, fume e cultura urbana. Na inauguración daranse a coñecer os gañadores do concurso, con tres premios dotados con 1.000€, 500€ e 300€ respectivamente, á serie fotográfica. A mostra inaugurarase ás 20,00 horas do venres no primeiro andar da Casa das Artes e estará aberta ao público ata o 25 de novembro.
Descargar todas as imaxes

Máis información