O Concello coorganiza a campaña solidaria de recollida de bicis para nenos desfavorecidos
Xunto a Novagalicia Banco e A Golpe de Pedal, o Concello coorganiza a cuarta edición da Campaña de Recollida de Bicis "Unha bici, un sorriso", pola que se recollen e arranxan para ser entregadas no Nadal aos nenos con menos posibilidades. O teléfono gratuíto 010 ofrece información sobre a iniciativa e os puntos de entrega en Vigo.
O alcalde subliñou que esta iniciativa é unha "concatenación de institucións, empresas e persoas" que desenvolven este proxecto solidario, que consiste na recollida das bicicletas en desuso, o seu arranxo e entrega, a través de ONG, a nenos con escasos recursos que forman parte do programa municipal "Infancia e Familia" no Nadal.
O Concello de Vigo, A Golpe de Pedal e Novagalicia Banco organizan a cuarta edición desta proposta -que non se realizaba desde 2005-, coa colaboración da Fundación Celta de Vigo e a participación de establecimientos colaboradores. Os puntos de recollida son as tendas de Anca, Bicitotal, Cromoly, Galicia en Bici, Trek, Norbike e Xtremebike. Biciocon, Gonzalo Aguiar e Que Bici arranxarán de balde as bicicletas que o precisen, antes de ser entregadas.
Os organizadores e colaboradores agradeceron á cidadanía viguesa a súa implicación neste proxecto que retómase despois de sete anos. Na última edición, en 2005, recolléronse 300 bicicletas.
Descargar todas as imaxes