Escoitar

O Concello licita as obras de remodelación do Mercado de O Berbés por 2,2 millóns de euros

O Concello ven de dar un paso "central" na recuperación do Casco Vello coa licitación das obras do Mercado de O Berbés por 2,2 millóns de euros. Así o explicou esta mañá o rexedor, quen tamén deu conta da autorización de gasto de 289.000 euros este ano para iniciar as obras do Equipamento Social e Cultural da Asociación de Veciños de A Miñoca. Estes traballos contarán cunha aportación orzamentaria de 350.000 en 2013 e doutros 235.612 en 2014.

mércores, 7 nov 2012
1352304678alcalde.jpg
O alcalde avanzou hoxe martes a inminente licitación das obras do Mercado de o Berbés por un valor de 2,2 millóns de euros. O pasado 5 de novembro, aprobáronse nunha Xunta Local de Goberno extraordinaria os pregos e a autorización de gasto de 478.250,25 euros, correspondentes ao presente exercicio, un paso "central" na recuperación do Casco Vello porque será "un punto de encontro da cidade próximo a zonas emblemáticas como o Berbés e rúas notables do Casco Vello, dixo o rexedor. Ademais, autorizouse un gasto de 350.000 euros para os orzamentos de 2013 e 2014.

Por outra banda, na mesma sesión da Xunta Local de Goberno, deuse luz verde ao Equipamento Social e Cultural da Asociación de Veciños da Praza da Miñoca cun orzamento de 875.000 euros. Concretamente, aprobáronse os pregos e autorizouse un gasto de 289.491 euros para o presente exercicio, de 350.000 en 2013 e doutros 235.612 no 2014. Tal e como explicou Caballero, o obxectivo é poñer en marcha un equipamento público para todos os veciños, nunha actuación que vai ser a primeira destas características nos últimos 25 anos.

Abel Caballero anunciou, a súa vez, a aprobación da restauración da Praza da Paz Andrade en Bouzas, cun orzamento de 298.292 euros correspondentes ao presente exercicio. Trátase, dixo dunha actuación que se realizou hai 15 anos e que "imos deixar en estado óptimo". Explicou que se vai recuperar a praia de Bouzas cara a unhas cubertas de madeira que se constriuron sobre o arenal hai moito tempo.

Por último, na devandita sesión da Xunta de Goberno aprobáronse os pregos e autorizouse o gasto de 144.481,16 euros para o mantemento e consolidación do actual circuito de entrenamiento no Parque de Castrelos. Tal e como explicou, reformarase a pista de atletismo co máximo respecto das condicións BIC do entorno, nun proxecto que conta co consenso dos usuarios do circuito.
Descargar todas as imaxes