Escoitar

O alcalde avogou pola "coordinación" de todos na apertura das xornadas de educación viaria do Hospital Fátima

Abel Caballero participou este xoves na apertura dunha nova edición das xornadas de educación viaria para escolares que organiza o Hospital Fátima xunto ao Concello e a Dirección Xeral de Tráfico. No acto estivo presente a piloto de probas de Fórmula 1, María de Villota, colaboradora nesta iniciativa.

xoves, 8 nov 2012
1352379495fatima.JPG
Abel Caballero felicitou ao Hospital pola iniciativa e agradeceu a María de Villota a súa presencia na cidade, que lle vai dar á campaña "moito peso". "Todo o que fagamos é pouco" en materia de seguridade viaria, apuntou o alcalde, quen avogou por traballar coordinadamente e manter o "esforzo de todos os cidadáns" para a concienciación viaria.

O Hospital Nuestra Señora de Fátima organiza estas xornadas xunto á sección de Educación Viaria da Policía Local de Vigo e á Dirección Xeral de Tráfico, unha campaña vinculada á prevención dos accidentes de tráfico que iniciouse a comezos deste ano e se retoma co novo curso.

Na primeira experiencia desta proposta participaron 2.000 escolares procedentes de 10 centros educativos de Vigo, todos en idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. A xornada, de ora e media de duración aproximada, ofrece charlas, coloquios e debates entre os ponentes e os asistentes.

A exposición xira en torno a cinco eixos temáticos que se corresponden coas exposicións dos responsables da Dirección Xeral de Tráfico, da Policía Local de Vigo, médicos de Fátima, pacientes do Hospital vítimas de accidentes de tráfico e a experiencia dun piloto oficial de carreras, nesta segunda edición, a cargo da piloto de probas da escudería Marussia da Fórmula 1, a española María de Villota.
Descargar todas as imaxes