Escoitar

O alcalde destaca a eficacia da colaboración policial na toma de posesión do novo comisario de Vigo

Abel Caballero avogou por manter a colaboración entre a Policía Nacioal e Local durante a toma de posesión do novo comisario de Vigo. A longo da súa intervención, confiou en que Vigo sigua a ser unha cidade segura, un mérito que atribuiu, en grande parte, á Policía Nacional.

venres, 9 nov 2012
1352465482comisario.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou o seu "incondicional"apoio a importante labor que desenvolve a Policía Nacional na cidade. Así o dixo no acto de toma de posesión do novo comisario, Angel González Blanco. Durante a súa intervención, destacou a "gran cualificación personal" que requiren os axentes á hora de ter que tomar decisións difíciles e avogou pola cooperación entre distintos corpos de seguridade. Neste punto, destacou a eficacia da colaboración entre a Policía Nacional e a Local, encontros que "funcionan moi ben desde a discreción". Caballero recoñeceu ao subdelegado do Goberno, Antonio Coello, -presente no acto- a "gran labor" que está a realizar e confiou en que Vigo "siga a ser a cidade segura que é, grazas, en grande parte, á labor da Policía Nacional".
Descargar todas as imaxes