Caballero recalca que dous axentes da Policía Local participarán nas xornadas de educación viaira nos institutos
O alcalde eloxiou esta campaña de educación viaria posta en marcha polo Hospital Fátima, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico e o Concello de Vigo, e explicou que contará coa participación de dous axentes da Policía Local en cada sesión nos 13 institutos vigueses nos que levarase adiante a iniciativa ata o mes de maio.
Abel Caballero recordou que a campaña vai dirixida ao alumnado de entre 16 e 18 anos que se educan en 13 institutos vigueses e felicitou ao Hospital Fátima pola súa proposta e "acerto" en contar coa experiencia e "liderado" da piloto de probas da escudería Marussia de Fórmula 1, María de Villota.
O alcalde reitera que deu instruccións ao concelleiro de Transporte e Seguridade, Carlos Font, para instalar máis semáforos e pasos de peóns na cidade, co obxectio de evitar riscos e gañar en seguridade para peóns e vehículos. "O tráfico en Vigo non vai mal", indicou Caballero, polo que cree posible incrementar a "porosidade" da cidade con estas fórmulas en avenidas como Camelias ou Castelao.
Descargar todas as imaxes