O alcalde anuncia que o desafiuzamento será causa de nulidade dos contratos do Concello coa banca
O goberno local, que saca a concurso público os contratos financeiros, incluirá desde a próxima licitación a execución hipotecaria como motivo de rescisión. Caballero indicou que o Concello se negou a enviar á Policía Local nas tres peticións de desafiuzamento cursadas pola Xunta de Galicia.
O alcalde anunciou este luns que o Concello de Vigo incluirá o desafiuzamento como causa de nulidade dos contratos entre a administración local e a banca.
A preguntas dos periodistas, Caballero explicou que o Concello de Vigo contrata servizos bancarios mediante concurso público, polo que incluirá as execucións hipotecarias das entidades como causa de rescisión dos acordos. O primeiro edil tamén informou de que o goberno local rexeitou en tres ocasións sendas solicitudes da Xunta de Galicia para que axentes da Policía Local acudiran a desafiuzamentos.
O alcalde recordou que, na última sesión do 31 de outubro, o Pleno da Corporación aprobou unha moción presentada polo grupo socialista -coa abstención do PP- avogando por unha moratoria de 4 anos para todos os desafuizamentos, pola dación en pago da vivenda hipotecada e polo aluguer social aos afectados.
Navia
Abel Caballero adiantou que manterá unha reunión o próximo xoves coa plataforma de afectados en Navia pola negativa da Xunta de Galicia a seguir abonando os subsidios de pisos de protección no barrio vigués.
O alcalde, que remitiu un escrito a Núñez Feijóo solicitando a súa reposición, trasladará o apoio do goberno de Vigo e as medidas a adoptar para reclamar á Xunta o pago destas achegas, xa que a súa eliminación produce un "grave quebranto económico" ás familias beneficiarias das vivendas.
No último Pleno da Corporación, a "posición oficial" aprobada por socialistas e nacionalistas, coa abstención do PP, foi instar á Xunta de Galicia "a seguir mantendo os subsidios para afrontar hipotecas de viviendas sociais".
Descargar todas as imaxes