O alcalde recibiu a estudantes estadounidenses de visita en Vigo

mércores, 17 xuñ 2009

Abel Caballero recibiu este mércores na Alcaldía a unha quincena de estudantes procedentes de distintos puntos de Estados Unidos, principalmente de Boston. Os devanditos escolares chegaron a Vigo onte martes e permanecerán na mesma durante catro días para aprender español e coñecer a cidade.

O alcalde solicita a Fomento a cesión do tramo de autovía entre a praza de España e Puxeiros

venres, 12 xuñ 2009

Abel Caballero reuníuse este venres co xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, con quen iniciou formalmente a tramitación da cesión da titularidade deste tramo de autovía, que pasaría a ser vial urbano. O alcalde, quen indicou que o Ministerio ten "vontade de cesión", asegurou que "nuns meses" será municipal e poderá entón iniciarse a humanización da Avenida de Madrid.<br />

O alcalde e a Confraría acordan trasladar á farola de Urzáiz a ofrenda floral da procesión do Cristo da Victoria

mércores, 10 xuñ 2009

Abel Caballero e a Confraría do Cristo da Victoria acordaron este mércores que o percorrido habitual da procesión do Cristo deste ano remate na esquina de Príncipe coa rúa Colón, debido ás melloras na Porta do Sol. Ademais, instalarase no exterior da Colexiata unha gran pantalla para que os fieis que non poidan acceder ao recinto sigan desde fóra a celebración relixiosa.

O alcalde insta á Xunta a iniciar a expropiación dos terreos da Cidade da Xustiza

martes, 9 xuñ 2009

Abel Caballero mostrou a súa "vontade absoluta" de por en marcha o proxecto e solicitou á Xunta de Galicia o inicio da declaración de supramunicipalidade do mesmo, seguindo o acordo plenario acadado en Vigo no mes de xaneiro. Tras a reunión deste martes co Xuiz Decano, o alcalde pediu á Xunta que avale ante o Poder Xudicial os medios materiais para a instalación do Xulgado Mercantil en Vigo.