O alcalde visita o centro Mais que Auga de Florida

venres, 17 xuñ 2011

Abel Caballero visitou este venres en compañía dos concelleiros de Deportes, Manel Fernández, e do concelleiro de Fomento, David Regades, a área deportiva municipal "Máis que Auga" de Florida-Coia. Alcalde e concelleiros percorreron, xunto aos técnicos municipais, as instalacións dun centro adicado á prácticas deportivas e actividades relacionadas.

O alcalde deseña un Goberno en torno á promoción de emprego e á igualdade de xénero

luns, 13 xuñ 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe, luns, a configuración do Goberno, que está deseñado en torno a dous eixos fundamentais: promoción económica e igualdade de xénero. Na que foi a primeira comparecencia pública desde o acto de investidura, Caballero explicou que funcionarán sendas comisións delegadas de Goberno en torno ás que se articulará a xestión municipal.

Abel Caballero constata o interese do goberno central pola situación dos estaleiros vigueses

luns, 6 xuñ 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero mantivo un encontro con representantes de Vulcano, CNP Freire, Metalships e Barreras para revisar a situación da construción naval e buscar o enfoque que "permita a continuidade dos estaleiros privados" da ría de Vigo. Caballero trasladoulles que constatou o "interese extraordinario, a enorme sensibilidade e de resposta" do Goberno central tras manter varias conversas a pasada semana.

Abel Caballero da o seu "apoio incondicional" á construción naval de Vigo

mércores, 1 xuñ 2011

O alcalde en funcións reuniuse na mañá deste martes con membros dos estaleiros máis representativos da ría de Vigo para valorar o marco europeo do tratamento fiscal que regula a construción naval. Tal e como lle transmitiron estas novas "condicións" poderían alterar as circunstancias nas que se desenvolve unha parte importante da actividade deste sector. Caballero xa avanzou que se porá en contacto co Ministro de Industria e que se establecerá un plan de actuación cos estaleiros vigueses