30 cadros de Pedro Solveira conforman a segunda mostra de arte na Alcaldía

mércores, 3 set 2008

Tras a mostra inicial a cargo de Antonio Quesada, hoxe mércores se inaugurou a segunda exposición que alberga as dependencias da Alcaldía de Vigo. Un total de 30 obras do recoñecido artista vigués Pedro Solveira reuniron a destacados membros da cultura viguesa e a representantes dos tres grupos políticos municipais, encabezados polo alcalde.

Vigo acollerá entre o 13 e o 19 de setembro a II Mostra de Cine Arxentino en Galicia

martes, 2 set 2008

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Secretario Xeral de Comunicación da Xunta e presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Fernando Salgado, presentaron este martes a mostra que "pon a Vigo no marco dos circuitos de cine de España", subliñou o rexedor. Proxectaranse seis producións seleccionadas polo Instituto Nacional de Cine e Artes Audiovisuais de Arxentina no Salón do Antigo Reitorado da Universidade de Vigo, nun único pase diario ás 20 horas.

O alcalde visita os obradoiros para nenos organizados polos voluntarios da Cruz Vermella

xoves, 28 ago 2008

Abel Caballero acudíu este xoves ao parque de Castrelos, onde está a ter lugar os obradoiros de animación organizados por voluntarios da Cruz Vermella Xuventude dirixidos a nenos de entre 5 e 12 anos. O alcalde salientou a importancia destas actividades no desenvolvemento psicomotor, afectivo e social dos rapaces; e felicitou á Cruz Vermella polos seus oito anos promovendo estas accións.

Vigo acollerá en outubro unha convención que reunirá a preto de 1.000 empresas do sector da automoción

luns, 25 ago 2008

O alcalde recibíu este luns á Xunta Directiva de ANCERA, a Asociación de Comerciantes e Distribuidores do Recambio para a Automoción de Galicia, que organizará en outubro unha convención na que as empresas de automoción de Galicia valorarán o estado da industria auxiliar. Abel Caballero salientou que esta será o encontro "de maior envergadura de Galicia e seguramente de España".

O alcalde destaca o benestar cidadá e o impulso económico do novo Plan Xeral, xa en vigor

luns, 25 ago 2008

O alcalde valorou a entrada en vigor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, que hoxe luns entra definitivamente en vigor, salientando que esta "nova etapa" para a cidade supón benestar cidadá e un impulso a economía viguesa. Abel Caballero destacou do PXOM as 62.000 vivendas "libres de especulación", as zonas verdes, as novas infraestructuras e os 4,5 millóns de metros cadrados de chan industrial que contempla. <br />

O alcalde visita Lavadores, onde o Concello está a investir 250.000 euros

luns, 18 ago 2008

O alcalde, Abel Caballero, visitou este luns Lavadores, acompañado polo concelleiro de Grandes Proxectos, Angel Rivas, e representantes da Asociación de Veciños da parroquia viguesa. Alí salientou os 250.000 euros que o Concello inviste na humanización do entorno de Santa Cristina, e enfatizou o traballo e o "ideal político" do seu goberno, que se traduce no mesmo trato para o centro e as parroquias.

O alcalde visita o programa "Efervesciencia na Praia" para a divulgación das ciencias do mar á sociedade<br />

luns, 18 ago 2008

O alcalde, Abel Caballero, acudíu este luns á Praia de O Vao onde está ubicado a campaña de comunicación Efervescencia na Praia, organizada pola Asociación de Oceanógrafos de Galicia que procura achegar as ciencias do mar á sociedade. O rexedor felicitounos pola organización de eventos deste tipo que afondan na "sensibilización das novas xeracións" da trascendencia do cambio climático.<br />