O rexedor anuncia a "inmediata" posta en marcha do programa de préstamo de bicicletas

venres, 26 ago 2011

A Xunta de Goberno deu luz verde ao Programa Vigo Bici de préstamo de bicicletas na rúa. Trátase, explicou o alcalde, dun proxecto experimental polo que ata o 31 de decembro este servizo será gratuíto co obxectivo de "facelo popular" entre cidadáns e turistas. A partir do ano que ven entrará en vigor a ordenanza correspondente que ata o de agora no se poido poñer en marcha por "problemas administrativos".

O alcalde anuncia a apertura ao tráfico dun carril ascendente por Colón

mércores, 24 ago 2011

O rexedor municipal avanzou que hoxe mércores, ás 13,00 horas, quedou aberto ao tráfico un carril ascendente da rúa Colón, despois de verse afectada polas inundacións que asolaron Vigo na madrugada do pasado luns. Aclarou que entre hoxe e o xoves tratarase de abrir un segundo carril, "tan pronto como sexa posible", matizou. O alcalde, que hoxe visitou de novo a zona, anunciou que se vai acometer "a obra definitiva que permita subsanar as deficiencias internas" que arrastra a rúa Marqués de Valladares desde a súa humanización, obras realizadas durante o último mandato do PP na cidade.

A Xunta de Goberno aproba novas 150 bolsas de inglés para colexios concertados

mércores, 24 ago 2011

Cun importe de adxudicación de 375.000 euros, a Xunta de Goberno deu luz verde hoxe mércores á ampliación en 150 as bolsas de inglés que o Concello concede, co que xa serán 510 rapaces de Vigo os que poidan estudar en Inglaterra este verán. Segundo explicou o rexedor, este aumento "foi preciso para cubrir a supresión que a Xunta realizou de todas as axudas para estudar inglés nesta cidade".