Vigo acollerá en setembro as xornadas da Asociación de Ensinantes con Xitanos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres aos organizadores da 32ª edición das suas xornadas anuais a nivel estatal, que en 2012 celebraranse na cidade do 7 ao 9 de setembro no Hotel Bahía. A previsión apunta a unha participación aproximada de 150 persoas.

O alcalde de Vigo apuntou ao "especial interese" do Concello neste evento e adiantou que "cooperaremos" na celebración do mesmo. Caballero indicou que o goberno local está "volcado" co ensino e co colectivo e na apertura das mesmas participará o propio rexedor vigués.
Descargar todas as imaxes