Escoitar

Vigo será o sábado un circuito de motos coa presenza do campión Marc Marquez

O alcalde de Vigo avanzou hoxe xoves que a rúa Venezuela se convertirá a partir das 20,00 horas do sábado 11 de agosto nun circuito de motos no que participarán, entre outros recoñecidos pilotos, o subcampeón de Moto 2, Marc Márquez. Ademais desta exhibición de 5 profesionais do motor, pioneira en España, os organizadores instalarán mañá venres dúas plataformas cunha exposicón sobre o evento, unha na rúa Príncipe e outra en Samil.

xoves, 9 ago 2012
1344515194motos.jpg
O vindeiro sábado día 11, a cidade de Vigo poderá presenciar en directo un espectáculo do motor sobre dúas rodas. Estrella Galicia -dentro do programa municipal de Festas 2012- achega á rúa Venezuela ós seus pilotos que participan tanto no campionato do mundo (Moto 2 e Moto 3) como no campionato de España. O campión do mundo Marc Márquez será a estrela do evento ao que acudirán 4 pilotos máis do equipo patrocinado pola marca galega, Miguel Oliveira e Álex Rins da categoría Moto 3 e María Herrera máis Álex Márquez do campionato de España.

Cecilia Babarro, representante de Estrella Galicia que se encargou hoxe de presentar a exhibición, mostrou a satisfacción da marca por organizar un "evento único en España" na cidade e agradeceu a inestimable colaboración e apoio do alcalde para poder levalo a cabo, pois a complexidade loxística que implica é notable. Este fin de semana trasladarase ás rúas de Vigo o ambiente de paddock e do circuíto de competición, xa que instalarase tamén un posto de boxes no cruce das rúas Venezuela e Gran Vía. Será sen dúbida unha excelente acción para achegar a paixón do motociclismo a cidade.

O programa establece o comezo do espectáculo nas 20 h do sábado, empezando primeiro coa presenza de motos clásicas e Harley que farán un desfile para abrir boca. De seguido chegarán as motos de Freestyle, que están este fin de semana competindo no Marisquiño, e que darán boa conta das súas habilidades sobre dúas rodas. O prato forte será o último en aparecer en escena, será entón cando o ruxir das motos de gran cilindrada e a condución de Marc Márquez e todo o Team Estrella Galicia 0,0 percorrerán o circuíto habilitado na rúa Venezuela.

Por mor da exhibición, o treito entre as rúas Blein Budiño e Gran Vía quedará pechado para a circulación de vehículos entre as 06.00 e as 24.00 h do sábado, con acceso exclusivo para garaxes ata as 18.00 h. Asemade, no mesmo treito, estará prohibido o estacionamento dende as 10.00 h e ata ás 24.00 h.
1344515194motos.jpg
1344514111motosestrellagalicia.jpg