Escoitar
O grupo Martynez actuará de teloneiro

Macaco trae este xoves o ritmo a Vigo

O cantante Daniel Carbonell chega a Castrelos no que será unha das citas musicais máis importantes do verán na cidade. "El murmullo del fuego" é o nome da xira na que presenta o álbum co mesmo nome que publicou en marzo deste ano.

mércores, 8 ago 2012
1344428066FOTOMACACO.jpg
Macaco
O auditorio de Castrelos acollerá, como ven sendo habitual cada verán, outro gran concerto dunha figura da música nacional. A cita será este xoves 8 de agosto, ás 22.30 h, e comezará coa actuación previa á gran figura do grupo Martynez, unha banda de rock froito da xuntanza de varios profesionais que pertencían anteriormente a diferentes grupos do ámbito local. Cunha duración aproximada para os teloneiros de 45 minutos, darase paso de seguido ao espectáculo de Macaco. O cantante Daniel Carbonell e a súa banda porán en pé, berrando e bailando, aos miles de espectadores que acudirán ao auditorio.
A música deste grupo multicultural –pola variedade de nacionalidades dos seus compoñentes- mestura ritmos latinos, rumba, reggae, ska ou pop entre os rexistros que inclúe nas súas pezas musicais. 14 son os temas do seu novo disco, vitalista e positivo, que invita a bailar e a imaxinar, e serán interpretados mañá xunto ás cancións que levaron a Macaco ó pedestal no que se atopa, como "Moving" ou "Puerto Presente". Xa son case 15 anos de traxectoria, cunha etapa de éxito e popularidade recente que fan de cada concerto seu un evento de relevancia.
1344428066FOTOMACACO.jpg
1344428091logomartynez.jpg