Abel Caballero mantivo unha charla cun centenar de alumnos do Instituto Castelao

xoves, 6 mai 2010

O alcalde e un centenar de alumnos e alumnas de 4º da ESO e de 1º de Bachillerato do Instituto de Educación Secundaria Castelao mantiveron na mañá desde xoves unha charla na que intercambiaron opinións sobre a marcha da cidade, as infraestruturas en marcha, o goberno municipal e a economía viguesa. No turno de preguntas debatíuse sobre o botellón, a crise e a educación, entre outros temas.

Abel Caballero asegura que o Pacto Europeo de Alcaldes supón "un novo chanzo" na loita contra o cambio climático

mércores, 5 mai 2010

O alcalde vigués participou onte martes no Parlamento Europeo de Bruselas nunha reunión de autoridades locais para facer unha "fronte común" polo clima. Caballero recordou que as cidades emiten máis da metade do CO2 do continente, e en Vigo "estamos na dirección contraria" porque a cidade olívica "leva tempo traballando" na materia. O socialista apuntou algunhas actuacións ao respecto, como as humanizacións e o proxecto de "cidade piloto" do coche eléctrico.

O alcalde busca concretar con Industria as axudas do Estado a Citroën para a fabricación en Vigo do coche eléctrico

mércores, 5 mai 2010

Abel Caballero reunirase o venres en Madrid coa Secretaria Xeral do Ministerio de Industria, Teresa Santero, para tratar de definir as axudas do Goberno de España a PSA Peugeot Citroën para a fabricación do vehículo eléctrico na súa factoría de Balaídos. Para o alcalde, sería o "paso definitivo" para facer de Vigo "cidade piloto" do coche eléctrico, e anunciou que entón o Concello comprará unha flota dos novos automóbiles.

O alcalde anuncia a reforma de "todo o Parque Central de Bombeiros de Teis"

luns, 3 mai 2010

Abel Caballero informou de que a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns a substitución da cuberta do Parque Central, o "comezo dunha gran reforma" que afectará a todo o edificio de Bombeiros de Teis. O alcalde indicou que a mellora permitirá que os vehículos conten cun estacionamento individual con saída automática, para gañar en axilidade no caso dunha emerxencia.

Caballero insta á Xunta a continuar o proceso expropiatorio dos terreos da depuradora

luns, 3 mai 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enviou hoxe unha carta ao conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para que a Xunta continúe o proceso expropiatorio dos terreos da depuradora iniciado en decembro de 2008. Caballero plantexa na misiva o compromiso de que no momento no que a Xunta continúe este proceso, adiante os recursos e se firme o convenio, a administración local financiará os terreos.

Caballero reuníuse con membros da Asociación de Esclerose Múltiple

venres, 30 abr 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuníuse con membros da Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO), con quen abordou as necesidades e a situación actual da entidade. Caballero mostrou a disposición do Concello á cooperar con esta asociación adicada a prestar información e asesoramento, tanto as persoas afectadas pola enfermidade coma aos seus familiares. Dáse ademáis a circunstancia de que Galicia é unha das comunidades autónomas con maior prevalencia desta doenza.

O alcalde anuncia a adxudicación de 250 becas de inglés a alumnos de 3º de Secundaria

venres, 30 abr 2010

Os estudantes pasarán unha estadía de 3 semanas en Inglaterra ou Reino Unido en réxime de inmersión lingüística grazas a un programa que conta cun orzamento de 600.000 euros. Como novedade desta convocatoria o alumnado dos centros concertados do municipio poido acceder ás prazas que quedaron dispoñibles, un total de 50, dándose preferencia e cubrindo primeiro as solicitudes de centros públicos da cidade, que cumpriron cos requisitos exisidos.

O alcalde indica que Urbanismo baralla distintos terreos para que a Xunta constrúa o albergue en Vigo

venres, 30 abr 2010

Abel Caballero explicou este venres aos colectivos acampados na Praza do Rei -solicitando a apertura dun albergue- que a opción do Concello é que a Xunta de Galicia abra de inmediato a Gota de Leite de maneira provisional para estudar posteriormente en conxunto a habilitación do definitivo. O alcalde asegurou que, de non aceptar o goberno autonómico, Urbanismo xa busca terreos para construilo.