O alcalde insta á dirección de Alcampo a resolver "o antes posible" o seu conflicto cos anteriores traballadores de limpeza

venres, 12 feb 2010

Abel Caballero entrevistouse hoxe co director rexional do hipermercado, Daniel Rodríguez, e cos responsables dos centros de Coia e da Avda de Madrid, quenes indicaron ao rexedor as renovacións que van executar nos seus dous establecementos. O alcalde incidiu na "situación laboral complicada" na que se atopan os anteriores traballadores de limpeza do Alcampo e urxíu á dirección a solventar o conflicto "o antes posible".

Abel Caballero reclama un hospital público "referencial" para Vigo, con "dimensión e capacidade"

luns, 8 feb 2010

O alcalde mantivo este luns unha reunión co Comité de Empresa dos hospitais Xeral e Meixoeiro sobre o novo hospital de Vigo. Caballero amosou a súa "simpatía e cercanía absoluta" aos traballadores que están a defender a "calidade" da sanidade viguesa. O rexedor reclamou á Xunta un "hospital público de financiamento público" que garanta a "calidade sanitaria" da área viguesa. <br />

O alcalde subliña o "esforzo" municipal nos parques infantís, nos que investirase 6 millóns en 2010

venres, 5 feb 2010

Abel Caballero inaugurou este venres o renovado parque de Maruja Mallo, con 80.000 euros de investimento, zona axardinada e novos xogos na zona infantil. O rexedor cifrou en 6 millóns de euros a cantidade que destinará o Concello aos parques infantís en 2010, entre os orzamentos municipais e a achega do Goberno de España. O obxectivo de Caballero pasa por atender a demanda cidadá de facer de Vigo unha "cidade para os pequenos".

O alcalde subliña o "importante esforzo inverstidor" do orzamento municipal de 2010, que ascende a 246 millóns

mércores, 3 feb 2010

Despois da súa aprobación onte martes polo goberno local, Abel Caballero destacou hoxe do orzamento do Concello para 2010 os 16 millóns de euros destinados ao departamento de Vías e Obras para humanizacións maioritariamente, os máis de 4 millóns de euros para Parques e Xardíns e os máis de 3 millóns para xeración de emprego. O alcalde tamén subliñou o incremento de case un 13% con respecto a 2009 no gasto social.

O alcalde apunta que en dúas semanas iniciaranse as humanizacións de Escultor Gregorio Fernández e Manuel Álvarez

martes, 2 feb 2010

A Xunta de Goberno Local celebrada este martes aprobou os plans de seguridade e saúde de ambas humanizacións, paso previo ao inicio dos traballos de mellora das rúas. A reforma de Manuel Álvarez suma un investimento de 5,2 millóns de euros e a humanización de Escultor Gregorio Fernández ascende a 1,1 millóns. O goberno local adxudicou asemade o contrato de mantemento dos contedores soterrados da cidade.

Abel Caballero estima que nun mes coñecerase o proxecto de Thom Mayne para a nova estación de Urzáiz

martes, 2 feb 2010

O alcalde asegurou que entre "finais deste mes e comezos do seguinte" coñecerase o proxecto arquitectónico deseñado polo premio Pritzker Thom Mayne para a nova estación de Urzáiz que acollerá a Alta Velocidade. Caballero apuntou que a mediados do vindeiro ano podería comezar o derrubo da actual terminal ferroviaria para dar comezo ás obras da nova estación.

O Pazo Quiñones de León acollerá o domingo a entrega de Galegas Destacadas

venres, 29 xan 2010

A Asociación de Mulleres Diálogos 90 fará entrega o vindeiro domingo dos premios Galegas Destacadas 2009 nun acto que terá lugar nas dependencias do Pazo Museo Quiñones de León, e que se enmarca no na celebración da efemérides do pasamento da pensadora, escritora e xurista, Concepción Arenal. Os galardóns do citado colectivo corresponden nesta coasión a Carmen Pérez Vaquero, Patricia Ferreira Mañá y Matilde González Méndez.

O alcalde ratifica o apoio do Concello á rura marítima xacobea

xoves, 28 xan 2010

O alcalde Abel Caballero reuniuse hoxe con representantes da confradía de Bouzas para ratificar o apoio do Concello á ruta marítima xacobea. Este ruta partirá da localidade lusa de Aveiro, continuará por varios portos portugueses, chegado a Vigo e Vilagarcía para avanzar logo por terra ata Santiago.

O Concello disporá de 246,6 millóns de euros de presuposto para 2010

martes, 26 xan 2010

O Concello de Vigo disporá de 246.644.000 euros de presuposto para o ano 2010, un 7,5% máis en relación co do ano pasado, segundo anunciou hoxe o alcalde Abel Caballero, quen destacou que será aprobado pola xunta de goberno do próximo vernes. A cantidade foi calificada polo rexidor municipal como anticrisis porque sobre todo prodúcese unha elevación importante no capítulo de inversións que ascede este ano a 32,3 millóns de euros, un aumento do 48,9 no citado apartado.