O alcalde agradeceu aos funcionarios municipais o seu esforzo durante o 2009

mércores, 23 dec 2009

Abel Caballero presidiu este mércores o tradicional viño de Nadal co persoal do Concello de Vigo, en representación da Corporación presente. Xunto á felicitación das festas e os bos desexos para o 2010, o alcalde quixo resaltar "en nome da cidadanía" o esforzo realizado polos funcionarios durante este ano e fixo fincapé na especial participación do persoal municipal no progreso acadado pola cidade durante este 2009.

O alcalde avanza que a finais de xaneiro estará rematado o proxecto arquitectónico da nova estación de Urzáiz

luns, 21 dec 2009

Segundo indicou Abel Caballero, o premiado arquitecto Thom Mayne -encargado do deseño da nova estación- presentará a mediados de xaneiro ao alcalde unha maqueta da súa "espectacular" proposta arquitectónica para Urzáiz, que será definitiva a finais do citado mes. A futura estación non lle custará "nin un céntimo" ao Concello, que gañará ademais 40.000 metros cadrados de espazo na azotea do futuro edificio.

Abel Caballero pide o apoio de todos os municipios do mundo á posición europea no cume sobre cambio climático

mércores, 16 dec 2009

O alcalde de Vigo e presidente da Rede Española de Cidades polo Clima pronunciou este mércores un relatorio no encontro polo clima de Copenhague, no que presentou as medidas e propostas de actuación da Rede e ademais expuxo o modelo sostible de humanizacións de Vigo e a Axenda sen Coche, pola que os cargos públicos acuden a determinados actos sen empregar o vehículo oficial ou privado.

O alcalde levará ao cúmio de Copenhague o modelo sostible de humanizacións de Vigo

martes, 15 dec 2009

Mañá mércores, Abel Caballero pronunciará un relatorio -como parte da delegación española- no encontro mundial de Copenhague chamado a adoptar acordos internacionais para reducir o impacto humano no clima. O alcalde, en representación dos municipios españois, presentará o modelo de cidade humanizada de Vigo, con varios centros para facilitar a vida diaria e cunha reordenación dos tráficos peonil e rodado.

O Concello donará dous camións de bombeiros ao servizo de extinción de incendios de Nicaragua

mércores, 9 dec 2009

O alcalde informou este mércores de que o Concello donará dous camións de bombeiros de 5.000 litros de capacidade a Nicaragua, tras a solicitude realizada polo devandito país a través do seu embaixador. En febreiro de 2010 terá lugar a entrega dos vehículos, data cando o Concello os substitúa por outros dos novos e máis modernos camións. Abel Caballero reuníuse hoxe co embaixador de Nicaragua, Augusto Zamora.

O Concello remite ao fiscal o resultado da investigación policial sobre a prohibición de acceso dun pub a discapacitados

mércores, 9 dec 2009

O alcalde encargou á Policía Local que remita o resultado da súa investigación á Fiscalía, para que esta proceda a esixir responsabilidades legais ao pub que impediu o acceso a un grupo de discapacitados, acompañados dun monitor de Aspanaex. Abel Caballero, quen reuníuse hoxe mércores co seu Presidente, asegurou que "foi un feito grave e aillado" e ten que ter a atención correspondente.

O alcalde encarga aos sindicatos o cumprimento das condicións laborais na obra pública de Vigo

mércores, 9 dec 2009

Abel Caballero anunciou este mércores que extenderá o modelo implantado co Fondo Estatal de Investimento Local do 2009 ao novo Plan E para 2010 e ás obras públicas que teñan lugar en Vigo, incluídas as de orzamento municipal. Técnicos dos tres sindicatos velarán polo cumprimento dos horarios, do número de traballadores estipulado e da súa procedencia, no seu caso, das listas de desemprego.

Concello e Zona Franca acordan impulsar a Cidade do Frío e o Parque Tecnolóxico de Beade-Valadares

venres, 4 dec 2009

O alcalde, Abel Caballero, e a delegada de Zona Franca, Teresa Pisano, acordaron este venres crear unha comisión bilateral entre as entidades para acelerar os trámites dos ámbitos da Cidade do Frío en Matamá e da ampliación do Parque Tecnolóxico de Beade-Valadares. O obxectivo pasa por dispor de solo industrial e terciario, no que están interesadas firmas internacionais.