Escoitar

O Concello asina un convenio co Secretariado Xitano para cooperar na inserción laboral

O alcalde de Vigo asinou hoxe venres un convenio con responsables do Secretariado Gitano para cooperar na inserción laboral desta comunidade. O rexedor destacou en rolda de prensa o éxito desta colaboración.

venres, 5 set 2014
1409924694GITANOS.JPG
O Concello de Vigo coopera un ano máis coa inserción laboral da comunidade xitana. Con tal obxectivo, o alcalde asinou esta mañá un convenio de 16.000 euros co Secretariado Xitano.

Na mesma rolda de prensa, o rexedor deu conta da elevación ao Pleno da aprobación definitiva do Plan Especial de Dotacións "Eixo Avenida de Europa - Avenida de Castelao". Esta senda discurrirá pola marxe dereita da Avenida de Europa, en dirección a Samil. Na Xerencia de Urbanismo tamén se condederon 15 licenzas de obra e 6 de actividade para un investimento superior aos 700.000 euros.

O rexedor deu conta da subvención de 18.810 euros á Asociación Solidariedade Galega con el pueblo Saharaui para os gastos de transporte e organización da estancia en Vigo dos nenos que participan no Programa Vacaciones en Paz 2014.

A Xunta de Goberno Local, engadiu, tamén deu luz verde do proxecto de actividades de sensibilización e educación mediaambiental "Percorridos mediambientais de outono", setembro-novembro de 2014, Programa camiño a camiño. Cun importe de 33.583 euros, organízanse 9 roteiros por ecosistemas de Vigo e alrededores para un total de 2.790 participantes.
1409924694GITANOS.JPG
1410163684CAMINO1.jpg
Descargar todas as imaxes