O alcalde presenta o proxecto do novo Balaídos que aumentará o seu aforo ata os 31.500 espectadores
O alcalde de Vigo presentou esta mañá o plan director para a remodelación do estadio municipal de Balaidos que comezou hoxe mesmo coa licitación da a primeira fase das obras na grada de Río. O rexedor salientou que "o estadio aumentará a sua capacidade ata os 31.500 espectadores e achegará as gradas o terreo de xogo ata o mínimo permitido".
Abel Caballero presentou hoxe o plan director da reforma do estadio municipal que converterá o estadio vigués nun estadio do seculo XXI. Tal e como explicou, o estadio aumentará a sua capacidade en máis de 1.000 butacas e as gradas se achegarán ata o borde do terreo de xogo. En verbas do propio alcalde "as gradas de marcador e gol achegaránse ao terreo máis de 25 metros e a grada de tribuna achegaráse ata o mínimo permitido polo regulamento".
A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a licitación da primeira fase das obras na grada de Río, por un importe de 1,6 millóns de euros e 4 meses de execución e que incluirá o reforzo estrutural dos contrafortes exteriores da grada, a substitución da cuberta, e o acondicionamento xeral do estadio, con actuacións para mellorar os percorridos de evacuación, mediante a reposición de barandillas, acabados de pavimentos....
En rolda de prensa, o rexedor explicou que tamén está a aprobado o proxecto da segunda fase da grada de Río, dotada cun orzamento de 2,5 millóns e un prazo de execución de 6 meses. Segundo avanzou, se prevé a montaxe dunha subsestructura metálica, na que se ancorará unha pel de chapa de aluminio simulando ondas e policarbonato opal entre ondas. Posteriormente, procederase ao acondicionamento xeral do estadio con actuacións de diversa índole, e que se situarán ao longo de todas as gradas do estadio. Trátase, explicou, de buscar unha mellora nos percorridos de evacuación e a modernización das instalación existentes: cambio de barandillas, nivelación do pavimento, instalación de pavimentos antideslizantes, novas portas antipánico e nova sinalización interior.
No referente ás reparacións estructurais no interior do estadio, acometerase a retirada de elementos oxidados, barandillas e portas con barras antipánico. Ademais, procederase a instalación de sinais luminiscentes de evacuación e pintado antideslizante nos pasillos exteriores de evacuación para incrementar as medidas de seguridade xa existentes.
Todas estas actuacions enmárcanse dentro dun proxecto integral que o rexedor definiu como "un proxecto de toda a cidade" e que converterá o "vello estadio de Balaidos nun estadio europeo de primeiro nivel".
Caballero manifestou que xa se lle remitiron sendos escritos a Xunta de Galicia e a Deputación solicitado a sua colaboración neste proxecto "nos mesmos termos que fixeron no estadio de Pasarón". Ademais, o rexedor aludiu á colaboración da Zona Franca e do Real Club Celta de Vigo. No tocante as administracións, autonómica, provincial e local, Caballero explicitou que a proposta que se lles trasladará recollen as seguintes porcentaxes de cofinanciación: 55%, a Deputación de Pontevedra, 35% o Concello de Vigo e, finalmente, 10%, que tería que ser asumido pola Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes