O rexedor e o novo comandante da Garda Civil reafirman o seu compromiso de cooperación policial
O alcalde deulle hoxe a benvida ao novo comandante da Garda Civil, Oscar Grañas, nun encontro no que ratificaron o seu compromiso en manter o "importante" nivel de cooperación policial que existe nestes momentos. Na opinión do rexedor, esta colaboración repercute nunha maior seguridade na cidade.
Abel Caballero mantivo hoxe un encontro co novo comandante da Garda Civil, Oscar Grañas, para darlle á benvida á cidade e ratificar o interese municipal de manter o "importante" nivel de cooperación policial que existe entre todos os corpos e forzas de seguridade do Estado en Vigo. Tal e como coincidiron, esta colaboración permite profundizar na eficiencia no ámbito da seguiridade. Caballero e Grañas ratificaron a continuidade de reunións periódicas coa Policía Local, Autonómica, Nacional e Garda Civil, tal e como se viña facendo ata o de agora. Pola súa banda, o rexedor salientou que ningún destes corpos "ten afán de protagonismo algún o que permite esta boa colaboración".
Descargar todas as imaxes