O alcalde avanza que a nova escola infantil de Navia estará operativa en xaneiro
O alcalde cifrou en máis de 600 as prazas e escolas infantís coas que contará Vigo a partir de xaneiro, cando rematen as obras da nova dotación educativa que se está a construir en Navia. Tal e como indicou, tendo en conta as quendas de mañá e de tarde, estaríamos falando dunhas 1.300 prazas para nenos de 0 a 3 anos. <br />
Abel Caballero achegouse hoxe luns ás obras da nova escola infantil de Navia que, previsiblemente, estará operativa no mes de xaneiro e que conta cun orzamento superior aos 700.000 euros. Acompañado pola tentente de alcalde e o concelleiro de Fomento, Carmela Silva e David Regades, respectivamente, o rexedor eloxiou esta futura dotación educativa, "moderna, con solo calefactado e moita luminosidade".
En declaracións aos medios, lembrou que no ano 2007 había catro escolas infantís, unha delas, pequena, "agora hai oito e unha delas é grande". No tocante as prazas, explicou, había menos de trescentas (en quendas, de mañá e de tarde) e agora hai máis de 600, o que supón preto de 1.300 prazas en total (tendo en conta, mañá e tarde). Ademais, o rexedor resaltou a importante achega económica que reciben os usuarios das escolas infantís municipais, xa que a metade dos usuarios pagan 0 euros, e o promedio da subvención ronda o 80%.
Descargar todas as imaxes